A Illa lembra a Juan Jesús Diz no cabodano da súa morte

La Voz

A ILLA DE AROUSA

MARTINA MISER

Mañá, ás 12.30 horas no Parque de Carreirón

14 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá • 12.30 horas • Parque de Carreirón (A Illa de Arousa)A Comunidade de montes veciñais en man común e o Concello de A Illa de Arousa farán un acto na memoria de Juan Jesús Diz Besada, presidente da xunta de montes ata o seu falecemento, en setembro do ano pasado. «Foi sempre un defensor dos espazos naturais da Arousa e pertenceu a ese grupo de persoas que souberon preservar e poñer en valor o espazo de Carreirón, que hoxe é zona protexida», segundo subliña a organización.

O acto é de carácter aberto de xeito que están invitados a participar os colectivos e particulares que desexen sumarse a esta homenaxe para lembrar a figura de Juan Jesús Diz. O punto de encontro será a entrada do parque de Carreirón, as doce e media da mañá.