O Nacional de Maratón pon en xogo as prazas para o Mundial

En paralelo á segunda xornada da cita de Aranjuez, A Illa é hoxe o escenario da Liga Provincial de base, mentres o Piragüismo Cambados pelexa por confirmarse como campión da Liga de Kayak de Mar en Cabanas


VILAGARCÍA / LA VOZ

Intensa e longa fin de semana a que arrincaba onte para os clubs arousáns de piragüismo coa primera das tres xornadas do Campionato de España de Maratón en Aranjuez. Unha cita que pon en xogo as dúas prazas por proba/categoría da selección española que disputará o vindeiro mes o Mundial de fondo, unha nos casos do C-1 e do C-2 masculinos, e dos K-2 feminino e masculino séniores, cos breoganistas Tono Campos, por un lado, e Diego Romero e Óscar Graña copando cadanseu postos na canoa individual e dobre como vixentes campións de Europa.

 

Título nacional, e vitoria no Sella

Iria Romero Rey, padexeira do Náutico Pontecesures, proclamouse onte en Aranjuez campioa de España no C-1 Cadete, mentres Javier Ordóñez Muñiz, das Torres-Romaría Vikinga, se facía co bronce no mesmo barco e categoría na regata masculina. Iso si, sen pasaporte mundialista, ao ser a xuvenil a primeira categoría no programa do Mundial.

Tras tropezar no Europeo, Campos aspira a facerse mañá co segundo billete internacional no C-2 co seu compañeiro José Manuel Sánchez oito días despois de volver a gañar ambos o Descenso Internacional do Sella. Cos tamén breoganistas Diego Romero e Tania Álvarez subcampións no C-1 e no K-2. Ela coa luguesa Tania Fernández, coa que mañá tentará tamén entrar no Mundial.

En Galicia, hoxe dúas citas de interese. A partir das 11.30 horas, o VIII Trofeo Illa de Arousa, que reunirá na praia do Bao a 487 padexeiros prebenxamíns, benxamíns e alevíns na quinta regata puntuable para a Liga Provincial. E en Cabanas, o Campionato Galego de Kayak de Mar, co C.P. Cambados aspirando a campión tamén da Liga que hoxe remata.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Nacional de Maratón pon en xogo as prazas para o Mundial