O Céltiga vence o Estradense, e incorpora un xaponés a proba

.

vilagarcía / la voz

O Céltiga xogou na noite do mércores o seu segundo partido de preparación. Fíxoo no campo do Estradense, con 0-1 final, nun encontro con ritmo e con vistosidade un punto por riba do habitual a estas alturas durante a primeira parte, e máis nun equipo como o illense, con só quince fichados e dous homes a proba, o galego David Quintela e o xaponés Tomi. Este último é un dianteiro de segunda liña procedente do fútbol australiano que vén de chegar ao Salvador Otero a través dun coñecido do excapitán Beni.

Canhoto, cun disparo desde fóra da área no minuto 20, marcou o único tanto na Estrada. O Unión Grove, o domingo no Monte da Vila, será o vindeiro rival dos de Núñez.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Céltiga vence o Estradense, e incorpora un xaponés a proba