Experimentando coa solarigrafía na Illa

.

Hoxe • A mediodía • Na praza do Concello da Illa • O festival cultural «O mar nunha flor» converterá á Illa, á volta duns días, no corazón da ría. Hoxe, nesta localidade celébrase a segunda parte dun obradoiro moi particular, no que se está a preparar unha exposición de fotos solarigráficas que se exporá con motivo do festival. Para iso, ata a Arousa achegarase o fotógrafo Diego López Calvín, un dos inventores, expertos e máis activistas desta rama experimental da fotografía. Dende o Concello da Illa invitan a todo o que o desexe a participar neste evento, e a botar unha ollada a este proceso que semella máxico. A hora recomendada para participar nesta actividade é ao mediodía, cando haberá unha cámara disposta para as persoas máis curiosos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Experimentando coa solarigrafía na Illa