vilagarcía / la voz

Tres horas e 5 minutos. Ese foi o tempo empregado por Antonio e por Alberto en completar a 34ª. Volta á Arousa de Dornas a Vela sobre a Pereka. Un dos clásicos gañadores dunha das citas máis prezadas do calendario galego, que vivíu o seu habitual dominio local, mais cunha igualdade extrema como nunca ou case nunca se víu na circunnavegación á Illa. Con cinco embarcacións pelexando ata o final polo triunfo, como dan fe eses dous minutos que, calcula a organización a cargo da Asociación Cultural e Deportiva Dorna, separaron o regreso da Pereka ao punto de saída fronte á praia da Canteira, no Bao, do de Forza R de Santi e de Parada, con dereito a trofeo tamén por rematar quintos. Entre unha e outra, a Jalerna, tripulada por Ricardo e Carterola, segunda a arredor de medio minuto do barco vencedor, a Xarandeira de Santi e de Ángel, e A Nécora de Braulio e de Harry, defensores do título. Todas as dornas a vela, baixo a grímpola da A.C.D. Dorna agás a Xarandeira, da Asociación Fasquía, tamén da Illa.

Non se bateu a mellor marca de participación, pero con 31 tripulacións na saída a trixésimo cuarta edición da Volta á Arousa demostrou que a proba segue a ser a de maior tirón da modalidade en Galicia. Tras ameazar con calma total, a regata puido comezar ás 16.05 horas con vento duns 7 nós de compoñente oeste-suroeste. A Xarandeira pasaba a carón do faro de Punta Cabalo ben destacada ao termo do primeiro cuarto de circunnavegación. De avanzar cara o norte tocaba pasar a facelo cara ao sur, co vento subindo a súa intensidade ata os 12 nós. Con todo, a cousa comezou virar de verdade cando a frota da Volta á Arousa se achegou en paralelo ás instalacións do Igafa. A partir de aí as condicións de navegación, con ventos máis intensos, fixo emerxer a veteranía e a habilidade das mellores tripulacións entre as demais. Con boa parte dos habituais nos podios do calendario galego de dornas a vela situándose en cabeza en medio dunha inusual igualdade entre tantas embarcacións, e nunha pelexa pechada entre as cinco primeiras clasificadas nunha última hora e media digna de goce para os competidores, e os afeccionados. Fermosa travesía culminada cunha farturenta e musicada cea de San Xoán.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A «Pereka» gaña a Volta á Arousa