A Volta á Arousa en Dornas a Vela celebra hoxe a súa 34ª. edición

A regata de circunnavegación da Illa parte hoxe ás 16 horas da praia da Canteira, no Bao

.

vilagarcía / la voz

Entre vinte e trinta embarcacións. Esa é a previsión de participación que manexa a Asociación Cultural e Deportiva Dorna da Illa de Arousa, que a través da súa Escola de Navegación Tradicional, exerce esta tarde de anfitrioa da XXXIV Volta á Arousa en Dornas a Vela. Unha proba que, salientan os seus promotores, resultou crucial no seu día para a recuperación da vela tradicional no concello insular, comezando pola preservación das embarcacións que nos últimos anos están a pasar a formar parte do patrimonio etnográfico local máis e mellor conservado.

A praia da Canteira, no Bao, será o punto de saída, ás catro da tarde desde o mar, e tamén o de chegada. Ás oito daráse por finalizada a regata, con todas as dornas a vela que non tiveran concluído a circunnavegación sendo remolcadas por algunha das cinco planeadoras ou o barco de batea que compoñen a frota de seguridade da proba. Ao seu remate os participantes gozarán dunha merenda e da festa organizada polos Dorneiros Sexys. Ademais, hai un concurso de fotografía. As imaxes deberán ser enviadas a colabora.dorna@gmail.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

A Volta á Arousa en Dornas a Vela celebra hoxe a súa 34ª. edición