The Funkles pechan en Carril os concertos dominicais

O ciclo Ágora Vermú pecha con éxito de público


Hoxe?•?13.30 horas?•?Praza da Liberdade (Carril)?•?Gratuíto?• The Funkles trátase dunha orixinal formación musical na que se mesturan o amor por The Beatles e polos ritmos funk, soul e jazz. O grupo está formado por cinco mozas cunha recoñecida traxectoria noutras bandas ou nos seus proxectos en solitario ás que se une o baterista compostelán, Carlos Arévalo, impulsor do proxecto. O grupo está formado por Carolina Rubirosa (voz), Laura Solla (guitarra), Iria Iglesias (teclados), Ana Fernández (baixo), Mercé Palacios (saxo) e Carlos Arévalo (batería). Xuntos recrean o repertorio do mítico conxunto de Liverpool dunha maneira inédita, a través de novas interpretacións cons arranxos funk e soul. Con esta actuación pecha o ciclo Ágora Vermú organizado polo Concello de Vilagarcía, que tivo un gran éxito de público.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

The Funkles pechan en Carril os concertos dominicais