Festa rachada polos 20 anos dos Carcamáns

Hoxe inaugúrase unha mostra sobre a historia da peña do Celta na Arousa; mañá a cousa promete


Hoxe, cando as agullas do reloxo se decidan a marcar as doce e media do día, no auditorio da Illa de Arousa levantarase o telón para descubrir a mostra «20 anos da Peña Carcamáns». Trátase dunha mostra na que se relata a historia dun grupo de siareiros do Celta de Vigo que foron quen de darlle forma a un colectivo activo e dinámico. Esas dúas características -o gusto pola acción e polo dinamismo- quedarán patentes mañá, cando a festa rachada envolverá a Arousa.

E será así porque nesta vila, mariñeira e azul Celta, vaise celebrar a cuarta edición da Romaría Celtista. Haberá espazo no programa para un xantar popular no paseo do Campo, con música tradicional, con xogos infantís e cun pregón verbalizado por un dos veciños ilustres da Illa, Carlos Blanco. Por haber, haberá tamén un amplo abano de concertos na praza do Regueiro. Presten atención, porque o menú promete, e por escoitalos mesmo se poden volver celtistas os ateos do fútbol ou -o que parece máis improbable- os siareiros do Deportivo. Aí vai a lista de grupos: De Vacas, Malandrómena, Keltoi, Noite Fechada e Igmig.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Festa rachada polos 20 anos dos Carcamáns