O Campionato Galego de Barcos Dobres Infantil e Cadete dirimiráse no Grove

O circuito da regata manterá o seu trazado habitual, partindo das inmediacións do parque infantil de Peralto cara a ponte da Illa da Toxa,


vilagarcía / la voz

A Sala das Cunchas do Concello do Grove servíu onte de espazo á presentación do trixésimo segundo Trofeo Concello do Grove de Piragüismo. Unha cita que mañá sábado se vestirá de Campionato Galego de Embarcacións Dobres Infantil e Cadete, coa participación de 440 deportistas de 32 clubs.

O concelleiro de Deportes do Grove, Santi Meis, e os seus veciños Fredi Bea, presidente da Federación Galega de Piragüismo, e Félix Lamas, homólogo deste no club organizador, o Breogán, informaron dunha competición que arrincará ás once da mañá, con sucesivas saídas ata as dúas menos cuarto da tarde, cando a partida do K-2 Cadete Masculino peche o programa.

O circuito da regata, explicaron os presentes no acto, manterá o seu trazado habitual, partindo das inmediacións do parque infantil de Peralto cara a ponte da Illa da Toxa, o que permitirá os afeccionados seguir a competición desde o paseo marítimo meco. O Pavillón de Deportes Náuticos Tono Campos servirá de epicentro organizativo. Os competidores infantís deberán cubrir 1.500 metros de regata, polos 3.000 dos cadetes.

Os resultados serán contabilizados para as Ligas Galegas Infantil Masculina e Feminina e Cadete Masculina e Feminina. A suma das puntuacións de cada un dos 32 clubs participantes nas catro categorías mañá dará o nome do gañador do XXXII Trofeo Concello do Grove.

O Náutico Pontecesures e a Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra parten como rivais a bater, en calidade de líderes provisionais das ligas autonómicas. O equipo do Baixo Ulla domina as dúas clasificacións, masculina e feminina, da categoría infantil, mentres que o do río Lérez fai o propio nas dúas da categoría cadete. Ambos clubs son, de feito, os que inscribiron o maior número de barcos na cita do Grove, 25 o cesureño, 18 o capitalino.

Polo que respecta ao resto do piragüismo arousán, o As Torres-Romaría Vikinga acudirá con quince embarcacións, polas nove do P. Illa de Arousa, as oito do Náutico O Muíño de Ribadumia, as sete do P. Cambados, as cinco do Depornáutic Arousa e as dúas do Breogán.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Campionato Galego de Barcos Dobres Infantil e Cadete dirimiráse no Grove