Unha cita para facer deporte empurrando un carriño

r. e.

A ILLA DE AROUSA

MONICA IRAGO

A Fundación Deportiva amosa que se pode facer deporte ao tempo que se coida dos cativos

29 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Domingo 10 de xuño • 11 horas • Saída diante do Concello • Hai xa uns anos que a Fundación Deportiva da Illa de Arousa puxo en marcha as andainas con carriños: unhas marchas polo fermoso litoral arousán nas que os participantes avanzan empurrando dunha silliña. Con esta iniciativa, explican os organizadores, trátase de «sacar proveito da fabulosa paisaxe costeira da Illa, á vez que loitamos contra o sedentarismo». E, de paso, demostrar que «podemos realizar actividade física ao tempo que coidamos dos nenos». O percorrido previsto desta vez son cinco quilómetros, e a duración aproximada, dúas horas. Os interesados en participar deben ter máis de 18 anos e empurrar un carriño de neno.