Cuatro puras raza ladradores y mordedores

La Voz

A ILLA DE AROUSA

11 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Sábado • 00 h • Con do Moucho • A Illa • 5 euros • Hai un par de meses e tras 13 anos de traxectoria, a banda coruñesa poñía no mercado o seu segundo disco, O mínimo que o contén todo.

Sete temas cantados en gallego que xiran en torno aorock e ao pop con letras que van dende a reivindicación social ata o máis puro sentimento de emoción. Seis destes temas son de autoría propia e o outro é un poema musicalizado do poeta Fiz Vergara Vilariño.

En O mínimo que o contén todo a banda formada por Miguel Iglesias (guitarra), J.L. Toxo (guitarra), Gonzalo Suárez (baixo), Miguel Folgueira (batería) e Lucía da Fonte (voz) segue a manter o espírito de facer rock galego e en galego, aínda que con novas ideas e sons que quixeron deixar plasmados nel.