A gaita de Óscar Ibáñez inaugura o mes da lingua

A ILLA DE AROUSA

Ana Garcia

05 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O auditorio de A Illa está hoxe de estrea. Óscar Ibañez pon en escena o seu espectáculo máis recente, O Latexo das Letras. Nel non só interveñen os cinco membros do seu grupo, Tribo, senón tamén a poeta Tamara Andrés, o gaiteiro carrilexo Cristian Silva, Os Xirifeiros e dúas bailarinas da escola de danza Perla de Arousa, de Vilagarcía. Eles serán os encargados de abrir un mes de intensa programación cultural encol do motivo central das Letras Galegas. A proposta do Concello contén unha pincelada de moi distintas disciplinas. Teatro, con A canción do elefante; cine grazas á proxección dunha das cintas imprescindibles do cinema galega contemporáneo, Pradolongo; música, con Sanjurjo e Dopico; ou letras e mar, da man da asociación Dorna.

Hoxe • 21 horas • 10 /12 euros • Auditorio municipal de A Illa • Anticipadas en Gradisela, bar O Museo e administración de lotaría San Xulián