Lembranzas que sempre quedarán entre maiores e pequenos

r. e.

A ILLA DE AROUSA

Martina Miser

Os usuarios do centro de día Lembranzas, de Cambados, viviron onte unha xornada especial, en compañía dos pequeños da Galiña Azul

28 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Os usuarios do centro de día Lembranzas, de Cambados, viviron onte unha xornada especial. Pola mañá, cedo, preparáronse para compartir un pouquiño do seu tempo, ese tempo que aprenderon a valorar, con cativos. En concreto, cos pequenos que acoden a diario á Galiña Azul da Illa de Arousa. O obxectivo desta acción está claro: permitir que os maiores se enchan da enerxía dos novos. E darlle a opción aos rapaces de acercarse a esa sabiduría que só se consigue co paso dos anos, co paso do tempo. O que aconteceu onte na Illa foi un deses encontros máxicos nos que as dúas partes saen gañando. Un paseo divertido no que todo o mundo aprende. Unha lembranza que quedará cos protagonistas para sempre.