Medio cento de arousáns acoden ao Nacional de Inverno

Romero, Campos, Naveiro, Fontán, Pérez e Frieiro aspiran ao primeiro título estatal


O Campionato de España de Inverno abrirá esta fin de semana a tempada estatal de piragüismo. Con medio cento de padexeiros arousáns desprazándose ata a canle de La Cartuja, en Sevilla, nunha cita que por primeiro ano deixa fóra os cadetes, cuxo campionato invernal pasa a xuntarse máis adiante no calendario co dos infantís. Júniores, Sub-23, séniores e veteráns serán os protagonistas o sábado e o domingo, co primeiro reto de superar o corte da regata sabatina de 2.000 metros, no caso das tres primeiras categorías, para poder disputar a regata polas medallas sobre a distancia de 5.000 o domingo. Seis son as grandes bazas arousás para colgarse cadanseu ouro.

O As Torres-Romaría Vikinga será o club da ría con máis presenza en Sevilla. Con 18 padexeiros encabezados pola subcampioa mundial júnior no K-4 Carla Friero. Logo de non poder disputar a edición do 2017, inda cadete, por unha lesión, Frieiro aspira ao título no K-1 feminino. A nivel de clubs, o obxectivo das Torres na Liga Nacional de Sprint é manter o seu equipo masculino na División de Honra, e repetir o podio co feminino, bronce no 2017.

Nesta última competición o Breogán do Grove sae a defender título, tanto na Liga coma na Copa. Cun plantel feminino con menos efectivos cá tempada anterior. Tono Campos e Diego Romero, na canoa sénior, son as opcións de título breoganistas en Sevilla, con Natalia García e con Tania Álvarez fóra da súa distancia.

Manuel Fontán e María Pérez, campións galegos de inverno sobre 5.000 metros coma Romero e Frieiro, competirán por revalidar os seus ouros nacionais coa camisola do Náutico O Muíño, que se desprazará con catro padexeiros.

Media ducia de deportistas do Náutico Pontecesures, cinco do Piragüismo Illa de Arousa e outros tantos do Piragüismo Cambados completarán a presenza arousá no Nacional de Inverno.

Ramón Ferro descolga a pa para axudar puntualmente o Náutico O Muíño

María Pérez, Manuel Fontán, Óscar Baúlde, e Ramón Ferro. O Náutico O Muíño de Ribadumia contará esta fin de semana en Sevilla cun reforzo de auténtico luxo. O padexeiro da Illa, que a finais do ano pasado anunciaba en La Voz de Galicia o punto final á súa carreira no piragüismo de competición como o canoísta de maratón máis laureado da historia en España xunto co ata o seu entón compañeiro de glorias no C-2 Sénior, o pontevedrés Óscar Graña, aceptou descolgar excepcionalmente a pa para lle botar un cabo ao club no que desde hai un par de anos comeza a dar os seus primeiros pasos o seu fillo maior, Ramón.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Medio cento de arousáns acoden ao Nacional de Inverno