Céltiga, Vilalonga e Unión aprazan os seus partidos polo peche municipal dos seus campos

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

A ILLA DE AROUSA

MARTINA MISER

Os gobernos locais da Illa de Arousa e do Grove sumáronse onte ao nutrido grupo de concellos das provincias da Coruña e de Pontevedra que decidiron estender a todo o día de hoxe a suspensión da actividade deportiva ao aire libre decretada pola Xunta. O VIlalonga, con campo en propiedade, súmase ao peche decidido polo Concello de Sanxenxo.

11 mar 2018 . Actualizado a las 12:30 h.

Os gobernos locais da Illa de Arousa e do Grove sumáronse onte ao nutrido grupo de concellos das provincias da Coruña e de Pontevedra que decidiron estender a todo o día de hoxe a suspensión da actividade deportiva ao aire libre decretada pola Xunta de Galicia entre a tarde de onte e a mañá dominical. Unha decisión que afectou de cheo ao Céltiga e ao Unión Grove, que ao quedar sen campo, e co o.k. da Real Federación Galega de Fútbol, tiveron que suspender os seus partidos. O Céltiga-Barbadás, e o Unión Grove-U.D. Ourense. Os clubs arousáns pretenden xogalos na Semana Santa.

Pola súa banda, o Vilalonga decidíu sumarse á decisión do Concello de Sanxenxo de pechar todo o día as súas instalacións deportivas ao aire libre. Hai que lembrar que o Campo Novo San Pedro é propiedade do club, que esta tarde debía enfrontarse a partir das cinco o Choco.