O Sergas precisa que só 189 de miles de pacientes foron derivados á privada

Serxio González Souto
serxio gonzález VILAGARCÍA / LA VOZ

A ILLA DE AROUSA

MARTINA MISER

O xerente da EOXI anuncia un acordo cos médicos de atención primaria para mellorar a cobertura das baixas

01 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Nunha semana tensa no eido da sanidade pública galega, o xerente da EOXI Pontevedra-O Salnés quixo saír onte á area para rebater os argumentos da plataforma e dos profesionais que convocan a manifestación do domingo, en Compostela, para tratar de frear a nova Lei de Saúde de Galicia. Xosé Ramón Gómez Fernández asegura que o obxectivo da reforma é garantir, precisamente, a prestación dunha sanidade pública «con garantías e de calidade», así como consolidar o Hospital do Salnés como estrutura.

 

o hospital

Recoñecemento legal. «A clave para min está en que, por primeira vez, recóllese taxativamente, nunha norma que ten rango de lei, que O Salnés contará cun hospital. A Administración sanitaria obrígase a consolidar e establecer o hospital comarcal. Iso tira por terra que se queira facer de menos a atención na comarca».

 

 

privatización

Escasas derivacións de pacientes. «Logo dun investimento de varios millóns de euros para a ampliación do hospital, falar de privatización non ten senso. Pero hai outro elemento, a actividade que asume o sistema público e a que se deriva ao concertado. A diferenza é tan abismal que o sistema público asume no eido do Salnés o 97 % de toda a asistencia sanitaria. E podemos dar datos. No Salnés, que segundo a xunta de persoal está en desmantelamento, fixemos o ano pasado 32.000 primeiras consultas, 40.000 urxencias e 4.000 intervencións cirúrxicas, ademais dos 5.000 pacientes que foron atendidos en hospitalización. Por contra, houbo unha derivación de 189 pacientes. Isto hai que clarexalo definitivamente, porque están levando á poboación a quitar conclusións totalmente erróneas».

 

 

os servizos

Dimensionados para 75.000 persoas. «Que se despracen os pacientes vai absolutamente en contra do que busca a lei. O que sucede é que no Salnés temos unha serie de servizos dimensionados para unha poboación de 75.000 habitantes, en función polo tanto do nivel de poboación e da previsible demanda. O que se pretende é dar calidade e seguridade. En ningún servizo se poden prestar todos os procedementos, porque pode haber situacións en que as complicacións que xurdan non se poidan atender neste hospital. Por iso sempre haberá pacientes que por motivos de calidade, exclusivamente, sexan atendidos en Pontevedra. Servizos como neuroloxía, dixestivo, cardioloxía ou oncoloxía nos que é mellor, para garantir esa seguridade, unha coordinación con Pontevedra que un crecemento illado. Porque, poñamos por caso que temos un oncólogo. Ese profesional estará ausente por vacacións, días de libre disposición, congresos ou algunha baixa. Co apoio de Pontevedra podemos suplir esas ausencias para non ter que desprazar o paciente, senón seguir prestando o servizo con continuidade».

 

 

Atención primaria

Mellores condicións para os contratos. «Aceptaría unha crítica por déficit de facultativos. É certo, temos menos médicos de familia nas listas de contratación dos que precisamos. E temos dificultades para poñer substitutos. Pero a xunta de persoal cala algo do que si están informados. Dende a xerencia tivemos reunións, precisamente cos médicos de familia que están nesa lista, e chegamos a un principio de acordo. Comprometémonos a cubrir todas as vacantes que xurdan, por xubilación, por exemplo. Aínda que se poidan asinar varios contratos, a relación coa EOXI vai ser anual; o vínculo mínimo será dun ano. Ademais, darémoslles bloques de vacacións con antelación, equilibrados».

 

 

cobertura dos concellos

Traballando para que sexa completa. «As coberturas de determinados servizos non son completas para os seis concellos. Recoñezo publicamente que a miña preocupación é estender esa prestación aos seis concellos. Estamos traballando nesa liña, e a primeira foi unha das máis valoradas: a extensión da hospitalización a domicilio, que dende hai un mes ten unha cobertura completa no Salnés».

 

cardioloxía

Atractivo profesional. «O problema de constituír un servizo nun hospital de menor tamaño é acadar profesionais. Non é un problema de relación laboral nin de cartos. Un cardiólogo prefire un hospital no que a gama de servizos para o seu desenvolvemento profesional sexa maior. Preferirá Coruña e Vigo a Pontevedra, e Pontevedra ao Salnés. Buscas un cardiólogo ou un neurólogo, pero o risco é que no primeiro traslado marche. A filosofía da lei é fidelizar os profesionais, de forma que podan ir a Pontevedra e vir ao Salnés. A medicina ten esta dificultade, é unha profesión absolutamente dinámica, tes que seguir aprendendo ao longo de toda a túa vida profesional. Segundo, hai que traballar en grupo. Promoción e evolución. Pensar en illas é un erro absoluto».

 

 

hospital de día

Xestión racional dos recursos. «Entendo que a nivel sindical se pretenda mellorar todo o posible, pero a miña responsabilidade é xestionar os cartos públicos do xeito máis racional posible. Para incrementar servizos temos que demostrar que é necesario. É un proceso regrado. No caso do hospital de día, naturalmente, estamos traballando en analizar que outros servizos se poden prestar, sempre dun xeito consensuado cos responsables dos servizos correspondentes. Por exemplo, definindo co xefe de servizo de oncoloxía que prestacións se poden prestar con seguridade e con calidade. En cardioloxía ou neuroloxía a mecánica será a mesma.

La obra del centro de salud de A Illa se contratará en marzo y el PSOE habla de «chafullada»

La Consellería de Sanidade está valorando actualmente las ofertas y prevé contratar las obras de la reforma del centro de salud de A Illa en el mes de marzo, según desveló ayer el gerente del Sergas, Antonio Fernández-Campa en respuesta a una pregunta formulada por el diputado del PSdeG-PSOE, Julio Torrado, en comisión parlamentaria. Una vez contratadas las obras, la empresa adjudicataria dispondrá de un plazo de seis meses para ejecutarlas. Esta actuación tiene un presupuesto de 412.946 euros y permitirá reordenar los espacios interiores gracias a una ampliación de superficie. A las nuevas salas, aseos y vestuarios se sumará la creación de una nueva sala de pediatría y mejoras en la accesibilidad, mediante la instalación de un ascensor y un nuevo acceso desde la calle.

La respuesta no convence a Torrado que ayer lanzó nuevas críticas al Sergas por su gestión en relación al centro de salud de A Illa. Se refiere a la reforma que se realizará en el 2018 como un parche y una «chafullada» ya que «non van reparar nin sequera o tellado, onde hai goteiras».

Terrenos sin entregar

Desde el PSOE lamentan, además, que la consellería no dé una fecha para la devolución del terreno que puso a su disposición el Concello de A Illa para la construcción de un nuevo centro de salud, obra que nunca se llegó a ejecutar.

Torrado habla de «xogada de trileiros» en alusión a la consellería y alerta de la «situación límite» que vive la sanidad pública en A Illa «logo de permanecer durante todo o verán cun facultativo menos dos tres de que dispón, logo de que Sanidade deixara as vacacións sen cubrir».