«Ou freamos isto ou a sanidade pública tal e como a coñecemos desaparecerá»

Serxio González Souto
serxio gonzález VILAGARCÍA / LA VOZ

A ILLA DE AROUSA

MARTINA MISER

Os profesionais sanitarios aseguran que a privatización, a través de clínicas coma Quirón, avanza no Salnés

31 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Rosa Casal preside a xunta de persoal do Hospital do Salnés, da que tamén forman parte Celia Iglesias e Ramón Barreiro. Os tres integran, á súa vez, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés. A súa mensaxe é rotunda: «Só unha mobilización masiva este domingo en Santiago contribuirá a frear a reforma da Lei de Saúde e a desaparición da nosa área sanitaria».

-O Sergas argumenta que a integración como distrito en Pontevedra mellorará o sistema.

-Tamén a creación da EOXI ía ser un cambio funcional e xa vemos o que pasou.

-¿Que pasou?

-Os hospital perdeu servizos e capacidade de xestión e decisión, por non falar da atención primaria, que está completamente relegada. Non podemos entender como afirman que este novo cambio non vai ter consecuencias. Van modificar a lei sen nin sequera facer unha auditoría externa sobre o funcionamento das EOXI. A lei en vigor, do 2008, eliminou os distritos e creou as áreas sanitarias. ¿Por que os recuperan agora sen ningún tipo de datos para facelo?

-De todos os xeitos, ás veces a xente non acaba de visualizar as diferenzas na atención.

-Neste caso son obvias. Nesta comarca, na que todos deberiamos ter os mesmos dereitos sanitarios, depende en que concello vivas para que sexas atendido aquí ou teñas que desprazarte a Pontevedra ou mesmo a Santiago. En cardioloxía, por exemplo, no Hospital do Salnés só atendemos aos pacientes de Vilanova e Vilagarcía. Ao resto non. Sucede en neuroloxía, en dixestivo. ¿É que hai cidadáns de primeira e de segunda? Antes viñan todos aquí, agora mesmo para poñer un holter, que é un aparato que pode colocar unha enfermeira, ou para facer unha proba de esforzo, que basicamente é unha cinta de correr, tes que ir a Pontevedra.

-¿Antes atendíase aquí?

-Neuroloxía, dixestivo, cardioloxía... Atendíase, si, a xente de toda a área sanitaria viña aquí. Iso rematou coa creación da EOXI Pontevedra-Salnés, no 2011.

-¿Pero por que? ¿É unha cuestión de abaratar custes?

-Nin sequera. Estamos falando de probas cotiás, de cada día, que calquera paciente que sufrise un infarto ou teña un problema coronario vai precisar. Non é unha cuestión de cartos, é unha cuestión de vontade e boa organización do servizo. A cuestión é por que non teñen esa vontade.

-Iso pregunto eu. ¿Por que?

-Cremos que queren baleirar de contido os hospitais comarcais nunha campaña para convencer a xente de que a sanidade pública non funciona e avanzar na privatización. O perigo é que mañá decidan facer as probas aquí, pero encargarllas a un consultorio privado, igual que están facendo coa hemodiálise.

-¿Pero todo iso non é contraditorio co investimento millonario que se vén de facer na ampliación do hospital comarcal?

-É absurdo. Antes tiñamos problemas de espazo, agora temos unhas instalacións magníficas, moi ben dotadas tecnoloxicamente, mesmo mellor ca Pontevedra. ¿Por que non contratas entón o persoal necesario para facelas funcionar como é debido? Mira o hospital de día, ideado para tratamentos que se teñen que dispensar no hospital, durante varias horas, pero non esixen encamado. É un lugar moi cómodo. Falaron de que iamos dar tratamento oncolóxico, pero ¿como o vas facer sen un oncólogo? O único que se está facendo é a proba do azucre ás embarazadas.

-Disque non atopan profesionais sanitarios nas listas.

-¿Como van atopar se están ofertando peores condicións que as áreas limítrofes? Nalgúns casos peores condicións que Pontevedra, que pertence á mesma EOXI. Contratacións de media xornada, non se cobren substitucións, nin baixas, tampouco vacacións. Eles só admiten que teñen problemas cos médicos de atención primaria, pero sucede o mesmo coas enfermeiras, cos auxiliares, cos celadores... Que non nos conten esa película. Simplemente están cadrando os seus números a costa de todo isto.

-Falaban antes de privatización.

-Aí están as derivacións constantes ao hospital Quirón de Pontevedra. Hai certas operacións cirúrxicas, como todas as fracturas de cadeira e as fracturas que precisan unha intervención urxente, que están indo ao Quirón. Mesmo en determinados momentos se chama a xente das listas de espera para ofrecerlles ir aló, dicíndolle ao paciente que se non acepta ao mellor tardan moito tempo en chamalo de novo. Por se fose pouco, se hai complicacións no postoperatorio, unha infección, un problema de responsabilidade civil, é o Sergas o que o asume todo. Os erros pagámolos todos. Quirón desvincúlase en canto a persoa sae da clínica.

-¿Pero poderían operarse aquí?

-Perfectamente.

-Unha aclaración. ¿A área sanitaria do Salnés existe aínda?

-Ata que se modifique a lei, si. Por iso este é o momento de ir á manifestación a Santiago e paralo. Ou freamos isto agora ou a sanidade pública deixará de existir tal e como a coñecemos.

«No hospital só se atende en cardio a veciños de Vilanova e Vilagarcía; o resto deben desprazarse»

«¿Como van atopar persoal se ofrecen aquí condicións peores que nas áreas limítrofes?»

«Queren baleirar de contido os hospitais comarcais e facer ver que o público non funciona»

Los socialistas llevan al Parlamento la ampliación pendiente del centro de salud de A Illa

En sus tres últimos Orzamentos anuales, la Xunta incluyó la ampliación del centro de salud de A Illa, ya que no la construcción de un nuevo ambulatorio, que el servicio sanitario no deba compartir con el Instituto Social de la Marina en la Casa do Mar. La obra, sin embargo, no se ha acometido. Por ello, los diputados socialistas Julio Torrado y Noela Blanco acaban de presentar una pregunta al respecto en el Parlamento de Galicia.

El PSdeG se hace eco de los problemas que la atención sanitaria atraviesa en el municipio isleño. Derivados, en buena medida, de sus estrecheces físicas. El Concello llegó a poner a disposición de la Consellería de Sanidade unos terrenos libres de cargas, que finalmente descartó el departamento autonómico. Por otra parte, añaden los socialistas, prosiguen las complicaciones en materia de personal. «Este verán, o centro permaneceu un mes cun facultativo menos, cando a Illa convértese nun polo de atracción de visitantes», advierte Torrado, quien denuncia que no existe garantía para la cobertura de bajas y vacaciones. Algo que contribuye a sobrecargar el PAC de Cambados y el servicio de Urgencias del hospital.

En consecuencia, el PSdeG quiere saber cómo valora Sanidade los problemas de la instalación y de su personal, así como el calendario que la consellería maneja para las obras y puesta en marcha de la ampliación del centro de salud. Sus diputados requieren explicaciones sobre las razones por las que se rechazaron los terrenos ofrecidos por el Concello y las previsiones del Sergas para reforzar la asistencia sanitaria en la época estival.