Carreira en Cambados. O San Tomé foi o punto de partida e o IES Francisco Asorey o de chegada. Os alumnos dos institutos lanzáronse onte a carreira para comezar coa celebración das Letras Galegas. A tradicional quedada serviu para demostrar a forma física e homenaxear ao mestre Alejandro García Fariña. Dende esta edición, a carreira levará o seu nome. Para rematar, houbo entrega de trofeos e medallas.