As de Adrián Pumar concedéronlle sete goles fáciles ao contragolpe ao Carballal
06 oct 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O Inelsa Solar Asmubal Meaño estreouse na súa quinta tempada consecutiva na División de Honor Plata Femenina con derrota ante o Colegio Los Sauces A.D. Carballal: 23-27. O resultado foi a derivada dun pésimo inicio de partido, co conxunto que desde esta tempada dirixe Adrián Pumar empeñado en alfombrar a vitoria visitante cun pésimo xogo de ataque que lle facilitou a vida ao Carballal en forma de once contragolpes só na primeira metade, sete deles finalizados en gol.
Con esta lousa e un 9-14 ao descanso, a melloría no seu xogo e unha defensa posicional a moi gran nivel durante todo o encontro non lle bastaron ao Asmubal para darlle a volta ao resultado.
FICHA DO PARTIDO:
INELSA SOLAR ASMUBAL MEAÑO (23): Lorena Ligero, Raquel Sineiro, Leire Brun, Sabela Miniño (3), Goretti (1), Andrea Cores (1), Agustina Ballada, Alba del Valle (1), Claudia Vera (2), Eli Méndez (1), Laura Miniño (8), Luna, Irene Ríos, Raquel Muñiz (5), Vanesa Domínguez e Shaila (1).
COLEGIO LOS SAUCES A.D. CARBALLAL (27): Mara Lago, Helena Sancho (3), Aine Roca, Iria Sánchez (1), Celia Pérez, Paula Alonso (1), Iria López, Villamarín (1), Lara Otero (1), María Pereira (6), Paula Gómez, Montenegro (1), Teijeiro (3), Isis Moreno (1), Sabela Vázquez (9) e Salma Aakcha.
MARCADOR CADA 5 MINUTOS: 0-3, 2-5, 2-6, 6-10, 8-10, 9-14 (descanso); 12-16, 14-18, 15-21, 18-25, 20-25 e 23-27 (resultado final).
ÁRBITROS E EXCLUSIÓNS: Julio Villanueva e Pablo Torreiro. Castigaron con dous minutos as locais Raquel Muñiz (min 1.51), Laura Miniño (47.47) e Claudira Vera (58.25) e a visitante Sancho (59.24).