A adestradora Aroa Suárez súmase ao Club Natación e Salvamento Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

O equipo de Vilagarcía, nunha imaxe tomada na praia do Preguntoiro, en Vilaxoán
O equipo de Vilagarcía, nunha imaxe tomada na praia do Preguntoiro, en Vilaxoán

O equipo arrinca a tempada co propósito de seguir formando a súa xente coma deporistas e nos valores cívicos

02 sep 2026 . Actualizado a las 21:09 h.

O Club Natación e Salvamento de Vilagarcía vén de dar comezo á tempada deportiva co reto de seguir medrando e «apostando pola formación deportiva e persoal» dos seus membros. O equipo afronta este curso coa incorporación dunha nova adestradora. Trátase de Aroa Suárez, unha recoñecida deportista do club que sumará ao proxecto a súa experiencia e coñecemento.

Nestes primeiros días, a entidade realizará as probas de nivel a fin de coñecer as características e necesidades de cada deportista. O club quere agradecer expresamente o seu compromiso aos membros que fican unha tempada máis baixo a súa órbita, e dar a benvida a quen se incorporan a ela. O equipo explica que continuará a combinar a disciplina da natación co socorrismo e o salvamento, fomentando valores como o esforzo e o compañeirismo.