Quico Cadaval pecha o domingo o ciclo Cultura no Regueiro

La Voz A ILLA / LA VOZ

AROUSA

Quico Cadaval ten xa unha longa traxectoria.
Quico Cadaval ten xa unha longa traxectoria. MONICA IRAGO

O espectáculo comezará ás oito da tarde

28 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Este domingo, na praza do Regueiro, Quico Cadaval sairá ao encontro do público da Arousa para falarlles de «Trinta anos a contar historias; notas de rodapé». O espectáculo desenvolverase a partir das oito da tarde, e forma parte do programa desenvolvido polo Concello na principal praza da vila durante todos os domingos do mes de agosto. Cadaval é unha das «voces máis recoñecidas da narración oral e do teatro galego». «O espectáculo parte dunha historia nunca antes contada e avanza cara a un relato final que o propio artista presenta como o conto máis fermoso do mundo, no que fai do público unha parte esencial da función».