Os Ingleses pide o apoio popular ao seu proxecto nacional facéndose socios da entidade

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Celebración dos Ingleses polo seu histórico ascenso, a pasada primavera.
Celebración dos Ingleses polo seu histórico ascenso, a pasada primavera. Elena Fernández

O club vilagarcián oferta dous tipos de carnés para acompañar o seu primeiro equipo na División de Honor B

13 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Os Ingleses xa conta as semanas que faltan para a estrea do seu primeiro equipo na División de Honor B de rugbi, a que será a maior experiencia nas décadas de existencia do club vilagarcián, superando o seu anterior teito, a desaparecida Primera Nacional. Un reto apaixonante que require dun importante incremento de recursos económicos. É por iso que os responsables da entidade veñen de abrir a campaña de socios para a tempada 2026/27, facendo un chamamento xeral á veciñanza da comarca a sumarse á aventura deportiva co lema Xuntos somos máis fortes. 

A fin de facilitar a achega de máis xente, Os Ingleses oferta dúas modalidades de socio. O socio normal, cunha cota anual de 40 euros, que inclúe o carné oficial, acceso a todos os partidos do primeiro equipo como local e ao seu terceiro tempo, e información exclusiva sobre a actualidade do club. E o socio protector, cunha cota de 100 euros, que suma a todo o anterior un afiche oficial da campaña, un carné exclusivo, invitacións a encontros ou eventos co primeiro equipo e o corpo técnico, e o recoñecemento público nas redes sociais do club para quen así o desexe. Os interesados poden solicitar a alta enviando un wasap ao número 626 742 462.