A vilagarciá Irene Diz xoga o Campionato de España Sub-18

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Irene Diz Loroño.
Irene Diz Loroño.

A xadrecista do CX Fontecarmoa aspira a ampliar en Ciudad Real o seu sobresaínte ano

07 ago 2026 . Actualizado a las 09:32 h.

A xogadora do Club Xadrez Fontecarmoa Irene Diz Loroño atópase disputando o Campionato de España Sub-18. En Ciudad Real, a vilagarciá chega á cita logo de terse clasificado tamén para o Campionato de España Sénior e tras participar no Mundial da súa categoría base en Montesilvano (Italia) e de gañar o Torneo Internacional Cidade de Pontevedra.