A deputación destina 35.000 euros a melloras viais en Vilagarcía

s.a.p.; r.e. VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha achega de 35.000 euros para implantar redutores de velocidade en Vilagarcía. A axuda inclúese no Plan +Provincia que destina 2.6 millóns de euros á instalación de redutores «lombo de asno», pasos peonís e sinalización horizontal e vertical.

A actuación será financiada pola Deputación e as melloras se acometerán nas rúas San Marín e A Lagoa en Sobrán; tamén na rúa Progreso, na Torre; na rúa Perrón, en Rubiáns; na rúa Veiga de Aldea, en Cea; e nas rúas Concha, Alejandro Cerecedo, Duque de Terranova e Manuel Antonio.