Ravella debe repetir a selección de persoal para a brigada contra incendios
AROUSA
Os asistentes deberán superar unha proba teórica, unha física e un test de coñecemento do galego
31 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Ravella convoca o vindeiro luns, 3 de agosto, a repetición da selección de persoal que debe conformar a brigada municipal de prevención de incendios forestais este verán. O proceso volverá a realizarse despois de que a primeira convocatoria, o pasado venres, quedase deserta ao presentarse un único aspirante que non superou as probas.
O equipo anti lumes está deseñado para dispoñer de cinco membros, que serán contratados como funcionarios interinos por un período de tres meses. A brigada contará cun xefe, cun peón conductor e con tres peóns forestais. A selección dos mesmos realizaráse polo sistema de concurso-oposición libre. A proba consiste nun test teórico, sobre os temas relacionados cos traballos recollidos no temario das bases, nunha proba física e nun exame de coñecemento do galego.
No Auditorio
As persoas interesadas deberán presentarse o luns 3 ás nove da mañá no Auditorio de Vilagarcía provistos do dni, currículo vitae debidamente xustificado e roupa deportiva apta para a realización das probas física. As bases da convocatoria xunto co temario e os requisitos poden consultarse no taboleiro de anuncio e na sede electrónica do Concello.