Vilagarcía sinala o 22 de maio e o 16 de agosto como posibles festivos en 2027

SARA ABALO PÉREZ; R. E. VILAGARCÍA /LA VOZ

AROUSA

Pulpeiros nas Festas de Santa Rita
Pulpeiros nas Festas de Santa Rita MARTINA MISER

Santa Rita e San Roque optan a repetir como os festivos locais tradicionais no municipio

29 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Ravella propón manter no vindeiro ano como festivos locais o sábado 22 de maio e o luns 16 de agosto. Tal e como establece a normativa vixente, a designación destas dúas xornadas debe ser aprobada previamente polo pleno municipal antes de ser remitida á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, que elaborará posteriormente o calendario laboral da Comunidade Autónoma. O asunto será sometido á consideración da corporación na sesión plenaria deste xoves.

No caso de Santa Rita, a festividade volverá coincidir en sábado. Aínda que se trata dun día non lectivo, o Goberno local aposta por manter esta data como festivo oficial, unha decisión orientada a favorecer principalmente o descanso do sector comercial.

Pola súa banda, San Roque celebrarase en luns, permitindo prolongar a fin de semana e facilitando así unha maior participación da veciñanza nas celebracións patronais máis esperadas do ano.