Martín Códax alía o talento de Lesuit, Canijo e Os Estanques

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

AROUSA

O guitarrista arousán Antonio Casado acompañou a Pablo Lesuit sobre o escenario
O guitarrista arousán Antonio Casado acompañou a Pablo Lesuit sobre o escenario Martina Miser

A terraza do verán nas Rías Baixas serviu un novo Xoves de música, solidariedade e viño

24 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Como cada xoves de verán, cultura e solidariedade déronse onte a man na terraza de Martín Códax. Os Estanques, El Canijo de Jerez e Pablo Lesuit uniron o seu talento nunha proposta marcada pola liberdade creativa e a mestura de estilos tan diversos coma a psicodelia, o pop progresivo, o folk, o flamenco e os sons latinoamericanos. Como en cada edición, a música converteuse, tamén, unha ferramenta de transformación social. A recadación as entradas destinarase integramente á federación Dano Cerebral Galicia. «Iniciativas como esta para juntarnos y crear son muy importantes», sostivo Lesuit, quen estivo acompañado pola guitarra de Antonio Casado.