A Illa aposta polo talento galego para encher as tardes dominicais con «Cultura no Regueiro»

La Voz A ILLA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Haberá espectáculos de todo tipo, a maioría de carácter familiar

22 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O concelleiro de Cultura da Illa, Manu Otero, vén de presentar unha nova edición de «Cultura no Regueiro», «cinco propostas para encher de cultura galega os domingos de agosto». O programa, que se desenvolve por terceira vez, supón, din dende Cultura, unha aposta pola calidade, por actividades orientadas ao público familiar, e por disciplinas variadas como a maxia, o teatro, os monicreques, a animación e o novo circo. Todas as citas serán os domingos de agosto, a partir das oito da tarde, na praza do Regueiro.

O programa arrinca o día 2 de agosto con Hocus Pocus, do Mago Paco, un espectáculo de maxia para público familiar. O seguinte domingo, día 9 de agosto, chega Moby Dick, da compañía Pedras de Cartón, unha proposta teatral dirixida ao público infantil. Xa o día 16 chega Unha de Piratas, de Troula Animación, que combina animación e novo circo para os máis pequenos. O 23 de agosto tócalle a Un rei e outros animais, de Estalalá, un espectáculo de monicreques pensado para toda a familia. O último domingo chegará 30 anos a contar historias. Notas de rodapé, de Quico Cadaval, dedicadas al público adulto.