Do 10 ao 13 de agosto Vilagarcía acolle o CERN Festival Programme
22 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O festival Revenidas acollerá este setembro, por primeira vez, o CERN Festival Programme, unha iniciativa internacional de divulgación científica. O escenario «Ondas e Partículas» será o lugar seleccionado por onde pasarán algúns dos referentes científicos en España. A proposta impulsada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) en colaboración co festival, a CERN & Society Foundation e a FECYT, reunirá do 10 ao 13 de setembro a destacados investigadores.
O programa foi presentado onte en Santiago de Compostela, nun acto no que participaron o Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez; a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio da USC, Ana Cabana; o director do IGFAE, Carlos Salgado; a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo; o directo do Revenidas, Xoán Quintáns e o investigador do IFGAE, José Edelstein, que será unha das persoas que pasen polo escenario.
Dentro da proposta, o CERN incluirá charlas sobre as eclipses que se vivirán na península nos próximos anos, os buracos negros, a protonterapia, a Intelixencia Artificial, a física arredor dos pogos nos concertos ou a ciencia en deportes de equipo.
Ademais, entre os participantes figuran Eduardo Sáenz de Cabezón, presentador de Órbita Laika; Verónica Bolón, investigadora da UDC; Paula Desiré, investigadora do CERN e José Edelstein, entre outros. Os representantes institucionais destacaron o valor desta iniciativa para acercar a ciencia á cidadanía de a pé e reforzar a colaboración entre Galicia e a CERN. «A miña impresión é que o mellor público é a xente que cre que a ciencia non vai con ela, de súpeto entra na charla e atópase con algo fascinante que non coñecía», explicou Ana Cabana. Desta maneira, pretenden situar a Galicia no mapa da divulgación.