Cambados festexa o Día de Galicia con pasarrúas e concertos

S.D. CAMBADOS / LA VOZ

AROUSA

Os concertos celebraránse os días 19, 25 e 26 deste mes
Os concertos celebraránse os días 19, 25 e 26 deste mes monica irago

Destaca a programación de «Voces dende as Ruínas», que se celebrará en varias datas en Santa Mariño Dozo

10 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Cambados celebrará o 25 xullo, Día de Galicia, cunha ampla programación de actividades de balde. Dende primeira hora da mañá, a localidade estará ambientada musicalmente grazas aos pasarrúas que levarán a cabo as asociacións Obradoiro Volandeira, Con de Xido e Xironsa de Corvillón. A festa estenderase polas prazas de Alfredo Brañas, Rodas e San Gregorio, ademais de pola rúa Real, onde ás 12.00 horas organizaranse cadansúa sesión vermú.

A Banda de Música de Castrelo actuará ás 12.30 horas no auditorio da Xuventude, xa que as obras que se están a realizar no parque de Torrado impiden poder acoller a actuación. «Valoramos levala aos xardíns da biblioteca municipal pero quedou descartado porque o espazo non está concibido para acoller unha actuación tan grande», explicaba o concelleiro de Cultura, Ensino e Patrimonio, Liso González. A programación complétase coa celebración de «Voces desde as Ruínas». Uns concertos vocais nas ruínas de Santa Mariña que serán o 19, 25 e 26 deste mes ás 21.00 horas con Orfeón Voces Graves de Arousa, Lucía Martínez Dúo e Tolemia's Consort, respectivamente.