O xornalista Xabier Fortes será o pregoeiro das festas de San Roque

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

O xornalista pontevedrés Xabier Fortes
O xornalista pontevedrés Xabier Fortes NOEMI PARGA

O director de «La noche en 24 horas» sairá ao balcón municipal de Vilagarcía o venres, 14 de agosto

04 jul 2026 . Actualizado a las 20:21 h.

Declaradas de interese turístico nacional, as festas de San Roque constitúen un dos puntos álxidos no calendario do verán nas Rías Baixas. Desta volta, a conmemoración contará cun rostro de sobra coñecido á hora de ler o seu pregón. Trátase do xornalista pontevedrés Xabier Fortes, director do informativo La noche en 24 horas, que emite TVE, e moderador habitual dos debates electorais.

Fortes acompañará ao rexedor de Vilagarcía, Alberto Varela, no balcón de Ravella o venres, 14 de agosto, ás oito e media do serán. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, o xornalista adoita frecuentar as festas da capital arousá, onde mantén lazos de amizade dende hai moitos anos. É fillo do militar e historiador Xosé Fortes, que arriscou bastante máis ca súa carreira ao participar na fundación da Unión Militar Democrática en pleno franquismo.