A proxección terá lugar en Castroagudín ás 22.30 horas, despois do partido de España
02 jul 2026 . Actualizado a las 12:14 h.O programa Cine Fantasio recupera as sesións ao aire libre en Vilagarcía a partir desta semana. A proposta cultural arrinca de novo con Leo&Lou e ¿Quién es quién? Estes filmes completan a oferta lúdica que a Concellería de Xuventude renova este verán. Serán as primeiras nunha programación que se estende durante o mes de xullo.
Cine Fantasio comezou onte cunha cita na que a veciñanza puido saír ás rúas e desfrutar de Leo&Lou, unha comedia romántica, de balde. A sesión iniciouse ás dez e media da noite en Ravella. Este xoves, o ciclo ten a súa continuidade na praza de Castroagudín. Proxectarase ¿Quién es quién?, o remake español dunha comedia fantástica francesa. A idea é que a exhibición teña lugar inmediatamente despois do partido que enfronta a España con Austria no Mundial de Fútbol. A partir das 22.30 horas. O filme está protagonizado por Kira Miró, Salva Reina e Elena Irureta.