Adeus de Blanca Manivesa e de Gara Jorge a un Cortegada que renova a Marta Sanmartín

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Marta Sanmartín, nun partido da tempada que vén de rematar.
Marta Sanmartín, nun partido da tempada que vén de rematar. MONICA IRAGO

Os primeiros movementos no cadro de xogadoras apuntan a un cambio profundo na configuración do Mariscos Antón

19 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Tras anunciar o pasado venres a continuidade da capitana Cris Loureiro, a directiva da Agrupación Deportiva Cortegada comunicou este xoves unha segunda renovación e dúas baixas no vestiario do Mariscos Antón para a vindeira tempada na Liga Femenina 2. A primeira, a da base Marta Sanmartín, e Blanca Manivesa e Gara Jorge no caso das saídas do club.

Sanmartín cubrirá a súa cuarta campaña nas filas do primeiro equipo da AD Cortegada, logo de confirmar a pasada Liga un novo paso adiante na súa evolución cara a unha directora de xogo quen de aunar capacidade de liderado e de xestión en pista do quinteto vilagarcián.

Calidades estas últimas que veu demostrando Blanca Manivesa nos últimos catro cursos, converténdose nun dos referentes do cadro arousán tras chegar a Vilagarcía con 25 anos procedente do Rosalía. A aleiro canaria Gara Jorge deixa polo seu lado un gran pouso logo de dous anos no Mariscos Antón.

As saídas de Manivesa e de Jorge apuntan a un cambio fondo no proxecto deportivo co que o Cortegada tentará encadear na LF2 2026/27 a terceira participación na fase de ascenso á Liga Challenge.