A sardiña protagoniza un novo obradoiro gastronómico na praza de Vilagarcía
AROUSA
A actividade estará dirixida polo cociñeiro Xoanqui Ameixeiras
17 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.A chegada das festas de San Xoán trae consigo un dos produtos máis representativos da gastronomía galega: a sardiña. Coincidindo co inicio da súa mellor época de consumo, a Praza de Abastos de Vilagarcía acollerá este xoves, 18 de xuño, un novo obradoiro do ciclo «O Calendario da ría na túa mesa», centrado nesta especie tan vinculada á tradición culinaria galega.
A actividade estará dirixida polo cociñeiro Xoanqui Ameixeiras e dará comezo ás 11.30 horas na zona gastronómica situada no primeiro andar do mercado municipal. Durante a sesión, os asistentes poderán descubrir diferentes formas de preparar a sardiña, máis alá das receitas máis populares como os espetos ou os escabeches.
O obradoiro tamén abordará as diferenzas entre a sardiña, a xouba e a xoubiña, achegando información práctica sobre as características e usos culinarios de cada unha delas.