Primeira foliada do Piñeiriño

La Voz

AROUSA

Martina Miser

As Gharbosas puxeron a bailar e a cantar a todo o barrio

14 jun 2026 . Actualizado a las 10:55 h.

Doce horas de música no Piñeiriño, para a súa primeira foliada. Da man das Gharbosas, as pandeiretas, os cantos e os bailes encheron de alegría o parque do barrio vilagarcián. Dende as once de mañá ata ben entrada a noite a música e o baile tomaron o barrio vilagarcián nunha actividade que chegou para quedarse. foto m. miser