O Cambados Tenis de Mesa e a ONG Rescate organizan un torneo de verán

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

El alcalde de Cambados, Samuel Lago, y la concelleira de Deportes, Noelia Gómez, haciendo un simbólico saque de honor para promocionar el Torneo de Verano Amateur de Tenis de Mesa que organizan el Cambados TM y la ONG Rescate.

O alcalde e a concelleira de Deportes fixeron un saque de honra simbólico diante do consistorio

29 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O club Cambados Tenis de Mesa e a ONG Rescate, dedicada á atención de persoas migrantes, presentaron na mañá deste xoves a primeira edición do Torneo de Verán Amateur de Tenis de Mesa da vila do albariño.

A proposta deportiva celebraráse dentro dun mes, o último sábado de xuño, día 27. Será no pavillón do complexo polideportivo municipal do Pombal desde as 16.00 horas. Os organizadores informan de que o torneo está pensado para calquera cidadán amateur non federado que queira pasar un bo intre xogando ao ping-pong e, de paso, levar unha camiseta conmemorativa. A iniciativa conta coa colaboración do Concello de Cambados. O seu alcalde, Samuel Lago, e a concelleira de Deportes, Noelia Gómez, amosaron onte o seu apoio cun simbólico saque de honra diante do consistorio.