O Breogán dá o primeiro paso para crear unha sección federada de vela no Grove

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Imaxe da xuntanza da delegación da Real Federación Galega de Vela con directivos do Breogán.
Imaxe da xuntanza da delegación da Real Federación Galega de Vela con directivos do Breogán.

Representantes do club meco reuníronse con técnicos da Real Federación Galega de Vela

23 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O presidente do CMDC Breogán, Félix Lamas, o director técnico do club, José Luis Otero, e Miguel Otero reuníronse onte no Grove co director técnico e coa coordinadora de actividades da Real Federación Galega de Vela, Bruno Gago e Loli Camba. O obxecto da xuntanza foi abrir unha vía de colaboración entre ambas as dúas entidades, en liña coa intención do Breogán de botar a andar unha sección de vela federada, baixo coordinación de Miguel Otero.

Con tal fin, o Breogán informou a RFGV da súa pretensión de organizar este verán unha serie de cursiños de iniciación á vela. Unha iniciativa moi ben acollida polos representantes da Federación. Tal é así, que desde esta última amosáronse abertos a prestarlle ao Breogán o material preciso para dar os primeiros pasos de cara a constitución da futurible nova sección deportiva da entidade meca, xunto con persoal titulado. Ambas as dúas partes emprazáronse a próximos contactos para perfilar os detalles da colaboración.