O remo do Grove contará con catro traiñeiriñas no Campionato de España

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

A tripulación cadete masculina do CR Mecos proclamouse o pasado domingo campioa de Galicia

21 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O remo grovense fíxose notar a pasada fin de semana en Meira, Moaña, con representación en catro das seis finais polos títulos no Campionato Galego de Traiñeiriñas.

Tres barcos clasificou o Club de Remo Mecos para o prato forte da cita autonómica, coa tripulación cadete masculina protagonizando o único título dunha embarcación da banda sur da ría de Arousa. Cun tempo de 7 minutos, 3 segundos e 73 centésimas, a traiñeiriña grovense non atopou rival, sacándolle 6 segundos á subcampioa, A Cabana de Ferrol.

Os xuvenís do CR Mecos finalizaron terceiros e cuarta a tripulación absoluta masculina do club, coas séniores do veciño Amegrove C.R. colgándose o bronce na súa final.

As catro embarcacións mencionadas gañáronse o dereito a disputar, esta fin de semana na localidade cántabra de Castro Urdiales, o Campionato de España de Traiñeiriñas.