Jéssica Bouzas completa no WTA 250 de Rabat a súa posta a punto para Roland Garros

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Jéssica Bouzas, no seu duelo con Karolina Pliskova no WTA 1.000 de Roma.
Jéssica Bouzas, no seu duelo con Karolina Pliskova no WTA 1.000 de Roma. Ciro De Luca | REUTERS

A vilagarciá parte coma cabeza de serie número dous

19 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Jéssica Bouzas debuta esta tarde na arcilla do Grand Prix Son Altesse Royale La Princesse Lalla Meryem, o WTA 250 de Rabat, no que será o seu derradeiro torneo de posta a punto para o segundo grand slam da tempada, Roland Garros. Logo de disputar a semana pasada as semifinais do WTA 125 de Parma, Italia, caendo ante á despois campioa do torneo, a ucraína Dayana Yastremska, a vilagarciá, actual número 51 do ránking mundial, parte esta semana como segunda cabeza de serie en Rabat. A súa primeira rival, a sueca Lisa Zaar, número 190 do circuíto e clasificada desde a previa.