A Foliada encherá o parque do Piñeiriño de baile e música durante doce horas
VILAGARCÍA / AGENCIA
AROUSA
A cita coas Gharbosas será o vindeiro 13 de xuño
29 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O vindeiro 13 de xuño celebrarase no parque de O Piñeiriño (Vilagarcía) a primeira edición dunha foliada organizada por as pandereteiras As Gharbosas. Arrincará a axenda as once da mañá coa apertura dunha feira artesá e ás 11.30 haberá un obradoiro familiar de pandeireta impartido por Andrea Menéndez. Ás 13.30, sesión vermú con Chiño DJ e DJ Tradi, de música tradicional. Dende as dúas ata as 18.30 horas chegará o momento da foliada libre e xantar, con opción a mercar alí alimentos o a levalos da casa. Pola tarde, xogos tradicionais para cativos e maiores, obradoiro de baile por Chechu Riquelme e foliadiña infantil. Xa ás oito, concerto de As ferriñas bravas, e dende as nove foliada aberta a todo o mundo e mentres as ganas de festa sigan.