A atleta Ana Abuín e o Céltiga reciben hoxe cadansúa distinción ao mérito deportivo de Galicia
AROUSA
O Palexco da Coruña é o escenario da entrega
29 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O Palacio de Exposiciones y Congresos de A Coruña, o Palexco, é hoxe o escenario da entrega das distincións ao mérito deportivo de Galicia. Uns premios concedidos en recoñecemento ao labor ou traxectoria notoria e exemplar no ámbito deportivo de Galicia ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos que estean a contribuír ou que contribuísen ao crecemento, á promoción, ao fomento e á excelencia do deporte e da educación física do noso país.
Entre as varias ducias de persoas e entidades que se subirán ao estrado a recoller cadansúa disntinción figuran dúas da comarca do Salnés. Por un lado, a lanzadora ribadumiense afincada en Vilagarcía de Arousa Ana Abuín Pazos. Una atleta con multitude de marcas nacionais no lanzamento en categorías veteranas e participación en grandes citas internacionais. Canda ela, o Céltiga Fútbol Club, que ve recoñecido pola Xunta de Galicia a celebración do seu primeiro centenario este ano.