Tono Campos e Tania Álvarez reciben a Insignia do Comité Olímpico Español (COE)

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Tono Campos, nun dos seus moitos podios internacionais.
Tono Campos, nun dos seus moitos podios internacionais. RFEP

Recibían esta fin de semana a distinción no Campionato de España de Media Maratón

26 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O club Breogán do Grove facía público onte a través das súas redes sociais que dous dos seus padexeiros máis laureados, os maratonianos Tono Campos e Tania Álvarez, recibirían esta fin de semana en Aranjuez a Insignia do Comité Olímpico Español (COE) ao termo da disputa do Campionato de España de Medio Maratón.

A noticia foilles comunicada aos dous deportistas por parte da Real Federación Española de Piragüismo, explicándolles que o COE quere distinguilos polos seus resultados a nivel internacional que, no caso de Campos, o converten no mellor canoísta español de fondo da historia.

Campos e Álvarez acudiron esta fin de semana a Aranjuez encabezando a delegación do Breogán, nunha cita cun valor especial. E é que había dous anos que non se disputaba o Campionato de España de Media Maratón. No 2025, unhas riadas nas datas programadas para a cita estatal obrigaron á súa suspensión, privando os especialistas dunha das dúas grandes regatas nacionais do piragüismo de fondo.