Alba Tomé, Paulo García e Yago Gómez encabezan o talento local en Vilagarcía Cidade de Libro

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Ángela Banzas, finalista do Premio Planeta, ambientou dúas das súas novelas en Cortegada
Ángela Banzas, finalista do Premio Planeta, ambientou dúas das súas novelas en Cortegada

Xunta os tres escritores situaranse autores con claros vencellos coa capital arousá, coma Ángela Banzas e Fernando Fernández Rego

25 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Vilagarcía Cidade de Libro, o salón literario que a capital arousá acolle cada mes de xuño fará nesta sexta edición un especial fincapé no talento vinculado ao territorio. O cartel de autores vilagarciáns está encabezado por Alba Tomé, Paulo García Conde e Yago Gómez Duro, tres mozos que presentarán as súas publicacións máis recentes.

Paulo García presenta a súa novela «Las ventanas sin rejas»
Paulo García presenta a súa novela «Las ventanas sin rejas» Martina Miser

  • Paulo García (Vilagarcía, 1990) é licenciado en Xornalismo e cursou un máster de Creación Literaria Multidisciplinar. Exerceu como guionista de cine e especializouse na corrección e edición para autores coma Maxim Huerta. Las ventanas sin rejas é o título da súa segunda novela.

Alba Tomé presentará «As humidades», finalista do Premio Illa Nova
Alba Tomé presentará «As humidades», finalista do Premio Illa Nova

  • Alba Tomé (Vilagarcía, 1996) é licenciada en Comunicación Audiovisual, xornalista e activa militante feminista. Traballou no Congreso durante dous anos e vén de presentar a súa primeira novela, As humidades, finalista do Premio Illa Nova.
  • Yago Gómez (Vilagarcía, 1991), coñecido nas redes como Yago Sparks, é bookstagrammer, poeta e narrador. A súa segunda novela é Cuando dejó de llover.

Xunta eles, a mostra recibirá a dous autores que manteñen unha relación especial con Vilagarcía.

  • Ángela Banzas (Santiago, 1982), quen regresa a Cidade de Libro logo de ser finalista do Premio Planeta 2025 con Cuando el viento hable. Dúas das tres novelas que conforman a triloxía que comezou con El silencio de las olas están ambientadas en Cortegada.
  • Fernando Fernández Rego (Ferrol, 1970) é profesor no Castro Alobre e xornalista especializado en música. Publicou Desorden e Blues from a gun.