03 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.
O Club Senín de Vilagarcía conta desde o pasado sábado cunha campioa da Copa de la Reina de loita olímpica. Na localidade murciana de San Javier, Ana Ferro fíxose co ouro na categoría de 76 quilogramos, completando xunto a Lydia Pérez, do Club Loita Pontevedra, no cadro de 57 quilos, e a Nerea Pampín, do Club Keltoi de Vila de Cruces, pleno de títulos das tres mulleres convocadas para a cita pola Federación Galega de Loita.