Vilagarcía reclama a fin do conflicto en Gaza

La Voz

AROUSA

Martina Miser

O acto pechou con música e un recital de poesía a cargo de Nour-Al Hussen

14 dic 2025 . Actualizado a las 05:05 h.

A sala de conferencias do Auditorio acolleu este sábado un acto para reclamar o fin da guerra nos diferentes conflitos do mundo e tamén para amosar o rexeitamento ao xenocidio que se cometeu en Gaza. A actividade foi organizada polo médico Anan Abdalah, que se encargou de introducir o coloquio. O xornalista Serxio González foi o encargado de entrevistar a Alfonso Armada, quen foi corresponsal de guerra nos Balcáns e en Sudán. Tamén contou coa participación da catedrática en Dereito Internacional, Laura Carballo. O acto pechou con música e un recital de poesía a cargo de Nour-Al Hussen. MARTINA MISER.