O Concello da Arousa estuda a expropiación do aparcadoiro ao aire libre do Cantiño para construir unha praza
AROUSA
A parcela, en mans actualmente do Sareb, atópase dende o 2007 nunha situación de parálise administrativa
26 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello da Arousa anunciou onte a súa intención de «cambiar o sistema de actuación da área de reparto 13.A», ou, o que é mesmo, que está estudando a expropiación da parcela con esa denominación, a cal se atopa xunto ao paseo do Cantiño e é usada como aparcadoiro ao aire libre, co obxectivo de construír nese espazo unha praza pública.
A parcela en cuestión, actualmente en mans do Sareb (Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria) foi incluída no PXOM do ano 2002 baixo o sistema de concerto entre os propietarios e o Concello. No ano 2007 a Xunta desestimou unha modificación puntual do plan de ordenación do paseo considerando que esta incumpría os estándares da lei do Solo, derivando nunha situación que o rexedor Luis Arosa definiu como de bloqueo. Ademais, o Concello apunta a diversos incumprimentos dos deberes urbanísticos, indicando que «os propietarios non executaron as previsións de lexislación e ordenación territorial». En consecuencia, o goberno local considera que a expropiación é «a única alternativa viable». «Esta decisión non é só un trámite urbanístico; é un acto de xustiza social e de recuperación do noso espazo», declarou Arousa.
A medida tómase nun momento en que o Concello da Illa reclama a Portos de Galicia a reparación do Cantiño e a construción dun parque subterráneo baixo o paseo.