Terceiro triunfo en catro partidos do Asmubal Meaño (26-34)

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

As de Juan Manuel Costas vencen o Porriño B e esta semana mediránse ao pechacancelas

25 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Inelsa Solar Asmubal Meaño superou o sábado o Porriño B a domicilio, 26-34, nun partido que dominou de comezo a fin e que eleva a tres os triunfos do equipo que dirixe Juan Manuel Costas nas catro últimas xornadas.

Liderado en ataque por Sofía Arangio, por Laura Miniño, con sete goles cada unha, e por Nicole Damascena, con seis, o Asmubal Meaño beneficiouse das numerosas baixas nas filas do filial do cadro de Liga Iberdrola. O equipo do Salnés aspira a ampliar a súa boa xeira este sábado, na casa, fronte ao pechacancelas, o Perdoma.

FICHA DO PARTIDO:

PORRIÑO B (26): Lago, Aquino, Augusto (3), Lucía Álvarez (1), Athenea Barreiro (4), Adriana Barreiro (6), Isis Moreno (1), Emma Rial (7), Alonso, Lara García, Uxía González (2), Groba (1), Carla Martínez (1), Uxía Martínez e Emma Porto.

INELSA SOLAR ASMUBAL MEAÑO (34): Raquel Sineiro (1), Sofía Arangio (7), Sabela Miniño (3), Currás (2), Uxía, Damascena (6), Irene Ríos, Agustina Ballada (2), Vera, Alba, Laura Miniño (7), Irene Romero (1), Luna (2), Raquel Muñiz (2), Vanesa Domínguez (1) e Shaila. 

MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 1-4, 5-7, 7-9, 9-12, 11-12, 13-15 (descanso); 15-18, 20-21, 21-24, 22-28, 24-31 e 26-34 (resultado final).

ÁRBITROS E EXCLUSIÓNS: Javier Jiménez e Álvaro Sierra. Descalificante á local Emma Porto tras dúas exclusións (min 51.21). Foron castigadas tamén con 2 minutos Augusto (min 12.02 e 38.18), Uxía González (29.09) e a visitante Sabela Miniño (min 51.54).