Leyre Villamediana gaña a súper copa de España de Xixón

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Ramón Hermida "Lavi"

Gañou os seus catro combates como suma claridade

15 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Leyre Villamediana segue a amosar o seu grande estado de forma. A última mostra ofreceuna na Súper Copa de España Júnior de Judo de Xixón, na que, como no caso da cita do calendario de copas de España disputada hai uns meses en Galicia, se alzou campioa do seu peso, menos de 63 quilogramos.

A deportista de Judo Club Pontevedra derrotou no seu primeiro combate a asturiana Cintia Díaz aos poucos segundos do inicio do mesmo. En cuartos de final superou a portuguesa Laura Macovei cunha vitoria composta, logo dunha gran proxección en pé, continuada cunha inmobilización no solo. Nas semifinais venceu a súa compañeira da selección galega Aroa Blanco cun yuko e cun waza-ari. E na final, impúxose nuns poucos segundos á madrileña Visitación Escaso, terceira do ránking nacional.