Domin será o encargado de dar o pregón que inicia o Albariño

maría santamaría / R. E. CAMBADOS / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

Dei V e Panorama son algúnhas das actuacións musicais que ensalzarán ao viño protagonista a partir do 29 de xullo

11 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O inicio da Festa do Albariño darao este ano José Manuel Domínguez Sánchez, máis coñecido como Domin, un «cambadés honorífico» que leva dende os anos setenta na vila. O home foi mestre de varias xeracións de cambadeses e está moi implicado, tanto no deporte en xeral, como na Festa do Albariño, da que non se perde nin unha edición.

Este ano, o martes 29 de xullo, denominado popularmente como «pé de cuba», será cando a orquestra Panorama dea un concerto na Praza de Fefiñáns.

Aínda así, o inicio real da edición número 73 da Festa do Albariño será á unha do medio día có tradicional pregón, que dará paso a apertura das casetas. Este ano volve haber 42 postos, que albergan a 44 bodegas nas que se poden degustar, ata as tres da mañá, viños de todolos tipos.

Un túnel do viño máis extenso

O xoves producirase a Cata prima no Salón de Actos do Parados de Cambados, evento do que sairán os doce viños finalistas que serán degustados na Cata Derradeira o xoves. A maiores os amantes do líquido protagonista poden visitar o Túnel do Viño organizado polo Consello Regulador da D. O. Rías Baixas, no salón de congresos e exposicións José Peña. «Va a ser el túnel más ambundante de todas las ediciones», comentaba o Secretario Xeral do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, Ramón Huidobro. Isto débese a que este ano hai apuntadas 73 bodegas participantes. A colleita máis antiga que se poderá degustar é do 2012, pero Ramón Huidobro recordaba que a do 2024 está catalogada como excelente. A noite do xoves estará protagonizada por Treixadura e a orquestra Los Player’s.

O venres a orquestra América S.L. tocará na Praza do Concello e en Fefiñáns producirase o concerto de Brytiago, Yan Block e Dei V, un evento de música urbana para os máis mozos. «Á hora de elixir tratamos de buscar certa exclusividade, neste caso, Dai V celebra na Festa do Albariño o seu único concerto en Galicia», relataba o concelleiro de Festas, Tino Cordal. O sábado 2 tomarán o relevo musical Cacabelos, Noite Fechada e o dúo de grunge-pop Repion.

Tanto o venres, como o sábado celebrarase a Nortada Electrónica. Este ano trasládase ao paseo de San Tomé, xa que a praza do Con, onde se viña a realizar ata o de agora, se quedaba pequena para a gran afluencia de persoas que recibe. A música comezará ás catro da tarde. «Este tipo de iniciativas nacen do ánimo do goberno de Samuel Lago (PSOE) de disolver as acumulacións de xente, dar cabida a todo tipo de músicas e, a maiores, evitar na maior medida posible os populares botellóns.

O domingo terá lugar o acto de investidura de Damas e Cabaleiros, organizado polo Capítulo Serenísimo do Albariño, onde se fará entrega das distincións e nomeamentos do Xóvenes Albariñenses, Albariñenses de Honra e Follas de Prata. A continuación terá lugar o xantar do Albariño e a apertura do sobre cos nomes dos viños premiados na edición número 73 da Festa do Albariño, todo no Pazo de Torrado. O final da festa estará a cargo, como todos os anos, do concerto da Banda de Castrelo e do espectáculo pirotécnico.

Dende o Concello comentan que o plan de tráfico será semellante ao de edicións anteriores e repítense os aparcamentos disuasorios repartidos pola vila, solo que este ano suprímese o aparcamento máis próximo á ponte de Castrelo polo seu pouco uso. A maiores, neste 2015 a limpeza verase reforzada todos os días de festa, incluidos o luns e martes.