«Non chega con que Matías Cañón presente un escrito solicitando o cambio de grupo, xa que neste caso entra en xogo unha normativa complexa e as súas posibles repercusións», di o PP
10 may 2025 . Actualizado a las 17:33 h.«Matías Cañón figura oficialmente como concelleiro non adscrito, que foi como tomou posesión no comezo do mandato, pero este formalismo non responde, como todo o mundo sabe, á realidade». Así explica o PP da Illa a situación anómala que se dá no grupo municipal, a cal propiciou o último choque entre o PP e PSOE a conta do sitio que ocupa Cañón no pleno. O xoves Luis Arosa pediulle que se cambiara de bancada e Cañón negouse o que rematou coa súa expulsión e o edil sentado no público.
«O fondo desta situación radica exclusivamente en que a modificación dos grupos municipais —agás a saída voluntaria e a designación como non adscrito— é un proceso administrativo e burocrático bastante complexo. É dicir, non chega con que Matías Cañón presente un escrito solicitando o cambio de grupo, xa que neste caso entra en xogo unha normativa complexa e as súas posibles repercusións», explica un PP que tomará as medidas oportunas para a defensa dos seus dereitos e os do seu voceiro, Matías Cañón, abunda.